martes, 17 de junio de 2008

A ética e o conxunto de accións consideradas boas. A ética non trata de factos senon de valores. Pode definirse como a parte da filosofía que trata do carácter, hábitos ou actoso morais de calquera clase que estes sexan, a saber en canto son bos ou malos. En cambio, o dereit0 é un conxunto de normas e contidos que se non se cumpren te levan a unha sanción. Tanto a ética como o dereito son sistemas normativos, ó igual que as regras de trato social, que afectan a obxectos distintos. Na ética as normas son interxectadas a través das relacións sociais e regulan tanto a infracción real como o seu mero propósito. No dereito, pola contra, o decisivo é a conformidade coa lei, o acto tal como se exteriorizou e non o mero pensamento ou desexo. A primeira regula e penaliza tanto os actos meramente internos como aqueles que teñen unha manifestación externa, mentres que o segundo regula e penaliza so aqueles actos internos.
A liberdade sería a capacidade de elixir o teu destino e a posibilidade de escoller varias alternativas posibles. Sería "a posibilidade de elección e de autodeterminación". A definición de liberdade de escolla entre varias alternativas posibles, entre varias opcións mediante actos espontáneos e non forzados.
Por outra parte non é posible a liberdade de facer sen a de querer a inversa xa que non sería liberdade. Ademais a liberdade é un medio para outra cousa que é a convivencia cos demais e tosa a liberdade é posible dentro duns límites legais.